Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un operario resulta ferido de consideración na Pobra do Caramiñal tras romper a plataforma dende a que traballaba

Un operario resultou ferido esta mañá despois de caer ao ceder a plataforma sobre a que realizaba o seu traballo.

O accidente ocorreu en Posmarcos, no lugar do Freixo, na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal. Segundo se  lle informou ao 112 Galicia, o home, realizaba traballos de pintura nun inmoble, cando ao ceder a plataforma sobre a que traballaba, esta  cedeu provocando a caída do traballador.

Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse de inmediato os servizos sanitarios de urxencias, que ao valorar a gravidade da situación, mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.  Así mesmo, os xestores do 112, nada mais recibir a chamada dun alertante,  uns minutos antes das 10:00 horas, informaron dos feitos á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

O traballador foi trasladado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.