Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Unha colisión múltiple en Vigo sáldase con dúas persoas feridas

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nunha colisión na que se viron implicados tres coches en Vigo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas foron trasladadas ao hospital Concheiro.

O accidente tivo lugar na Avenida da Gran Vía, á altura do número 94, ao fío das 17:45 horas.

Nese momento, o persoal do 061-Urxencias Sanitarias informaba do sinistro ao 112 Galicia. Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia se pasaba o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.