Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Dúas persoas feridas despois de que o turismo no que viaxaban envorcase en Cualedro

Dúas persoas resultaron feridas ao envorcar o coche no que circulaban en Santa Baia de Montes, en Cualedro. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

Sucedeu ao fío das 17:45 horas, momento en que o persoal do 061-Urxencias Sanitarias alertaba do accidente ao 112 Galicia.

Acto seguido, dende o 112 Galicia se pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Verín.

Un incendio deixa completamente calcinado un local na Coruña

Un incendio declarado esta tarde nun baixo na cidade da Coruña provocou que ardese por completo o local.

Uns minutos antes das 15:30 horas, varios particulares alertaban ao 112 Galicia de que vían saír fume dun baixo, na rúa da Cordelería, no número 41.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no lugar do incendio, a dotación sufocou o lume, que deixou o local totalmente calcinado.

Fume nun edificio
Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia dun incendio en Monforte de Lemos, na rúa Real, á altura do número 4. Foron varios particulares os que contactaban ao fío das 16:55 horas co 112 Galicia para informar de fume no seu edificio.

Decontado, dende o 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Monforte, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no inmoble, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Monforte comunicaban ao 112 Galicia que ardera unha pota ao lume que xa fora apagada polos propios veciños.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, unha persoa foi atendida no punto polos efectivos sanitarios.