É o momento de limpar a cheminea

limpeza cheminea

As chemineas incéndianse, a maior parte das veces, porque nos esquecemos de limpar a feluxe que xera o fume da cheminea, que pode ser inflamable e provocar un incendio. A maiores, tamén é importante afastar da cheminea materiais que sexan facilmente inflamables: roupa, alfombras, papel, mantas, etc... e igualmente, hai que acordarse de apagar o lume cando nos imos da casa ou a durmir.  

Nos casos nos que nos decatemos a tempo de que se está producindo un incendio, podemos actuar, isto é, poñer ás persoas a salvo, chamar ao 112 Galicia e manter a calma:

  •    Se a estancia está chea de fume, avanza de poutelas ata unha saída, xa que a temperatura é máis baixa e o aire máis limpo
     
  •    Se prende lume na roupa dunha persoa, faina rodar polo chan
     
  •    Se te atopas no interior dun lugar público, avisa e procede á evacuación utilizando as saídas de emerxencias. Non uses o ascensor
     
  •    Se o que prendeu foi un líquido inflamable, aplica panos húmidos
     
  •    Se o lume está no interior dun recipiente, tápao