Boletín informativo das 09:00 horas do día 14/01/18

domingo, 14 Xaneiro, 2018 - 09:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Unha moza, ferida despois de ser atropelada en Ortigueira

Unha moza resultou ferida a pasada noite en Ortigueira ao ser atropelada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

 

Os feitos producíronse na rúa Penela, á altura do número 35, ao fío das 21:50 horas. Foi a esa hora cando un particular contactaba co 112 Galicia para dar contra do atropelo.

 

A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Eume e ao GES de Ortigueira.