Escuchar

Unha persoa ferida nunha colisión múltiple nas Pontes de García Rodríguez

Unha colisión entre tres turismos ocorrida esta tarde nas Pontes de García Rodríguez saldouse cunha persoa ferida.  Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar na AC-861, nas proximidades da central térmica. Un particular e o 061-Urxencias Sanitarias contactaban co 112 Galicia ao fío das 13:00 horas para dar conta do sinistro.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros das Pontes de García Rodríguez e ao servizo de mantemento da estrada.