Boletín Informativo das 13:00 horas do día 01/05/15 | Axega

Escuchar
Os ocupantes dunha vivenda en Pontevedra saíron ilesos dun incendio que arrasou por completo a cociña
Os Bombeiros de Pontevedra extinguiron esta mañá un incendio que arrasou por completo a cociña dun piso situado na Rúa Simón Bolivar, no centro da cidade. Pese a intensa fumareda acumulada nas escaleiras do edificio, os ocupantes da vivenda afectada puideron saír sen sufrir danos. Apenas un par de minutos despois das dez desta mañá, os veciños do inmoble se puxeron en contacto co 112 Galicia, precisamente, alarmados pola cantidade de fume estancado nas zonas comúns do edificio. Igualmente, indicaron aos xestores de emerxencias que había persoas no interior da vivenda incendiada que pedían auxilio. Así, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Médicas, que enviou unha ambulancia ao lugar dos feitos. Tamén foron informados os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local e Protección Civil. Por fortuna, ninguén resultou ferido e os danos se produciron nos electrodomésticos, na campá extractora e nos mobles da cociña.