Escuchar

Unha muller embaraza resulta ferida nun accidente múltiple en Pontevedra

Un accidente de tráfico entre dous turismos e un camión saldouse cunha muller embarazada ferida. O sinistro tivo lugar en Pontevedra, na estrada N-550, ao seu paso pola parroquia de Alba. O camión implicado ía baleiro no momento no que se produciu o sinistro. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 11:10 horas desta mañá. O persoal do CAE 112 Galicia informou, decontado,  aos Bombeiros de Pontevedra, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Urxencias Médicas mobilizou ata o punto unha ambulancia para asistir á muller. O 112 Galicia tamén informou do acontecido ao persoal do servizo de conservación da estrada.