Boletín Informativo das 19:00 horas do día 08/04/2017 | Axega

Escuchar

Unha muller tivo que ser liberada despois dun accidente de tráfico en Ourense

Un accidente de tráfico, no que se viron implicados dous vehículos, saldouse cunha muller ferida en Ourense. A posición na que quedou o coche impediu á vítima saír polo seu propio pé. Os Bombeiros de Ourense tiveron que liberala pola porta traseira do turismo. Descartaron empregar o equipo de excarceración. O accidente tivo lugar no cruce que une as rúas Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. O 112 Galicia recibía a alerta do sinistro por parte de Urxencias Médicas ás 12.55 horas.

Deseguido, o CAE 112 Galicia informaba do ocorrido, tamén, á Policía Local e a Protección Civil de Ourense.

 

Ferido un home ao ser atropelado en Padrón

Un varón resultou ferido leve ao ser atropelado esta tarde en Padrón. Os feitos tiveron lugar na estrada N-550, sentido Santiago. Un particular alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 13:00 horas.

Decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Padrón. O señor foi atendido no punto por unha ambulancia que desprazaron os servizos sanitarios.