Escuchar

Os bombeiros liberaron aos dous ocupantes do camión que bateu contra unha casa en Ramirás

Finalmente, os Bombeiros de Celanova tiveron que excarcerar aos dous ocupantes do camión que esta mañá se espetou contra unha casa en Ramirás. Os profesionais sanitarios decidiron mobilizar o helicóptero con base en Ourense para atender aos feridos, que, pouco despois, foron evacuados ao centro hospitalario de referencia. O accidente se produciu ás 11:30 horas de hoxe na OU-531, ao paso pola parroquia de Penosiños. O camión se saíu da vía e esnafrouse contra unha casa. Agora unha empresa especializada encárgase de apuntalar a vivenda, que sufriu danos estruturais importantes e corre perigo de derrubarse. Ademais dos bombeiros e os técnicos sanitarios, os xestores do 112 Galicia informaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).