Escuchar
Protocolo Protege Avisa Socorre

As vacacións son sagradas, por iso, desde o 112 Galicia, queremos achegar o noso gran de arena para nada perturbe o teu descanso. Toma nota destes sinxelos consellos e así evitarás contratempos que poidan comprometer a tranquilidade que tanto tempo levas esperando.

Xa sabes onde ir? É necesario coller o coche? Pois ben, faille unha posta a punto para asegurarte de que todo funciona correctamente, bota un ollo á páxina da DXT para comprobar o estado das estradas e o tráfico e...tira millas!

Iso si, recorda que:

  • Esperamos que o tempo sempre acompañe, pero no caso de que veñan días grises ou tormentosos, lembra que sempre podes consultar as alertas por meteoroloxía adversa na web do 112 Galicia
  • Se viaxas con cativos, utiliza as prazas traseiras do vehículo, son máis seguras
  • No caso de utilizar cadeira infantil, axusta ben os cintos de suxeición 
  • Lembra descansar cada dúas horas
  • Respecta os límites de velocidade 
  • Evita calquera distracción mentres conduces: GPS, móbil, etc.

Ademais, MOI IMPORTANTE, en caso de sufrir ou presenciar un accidente na estrada, existen tres accións vitais baixo a chave PAS:

PROTEXER ALERTAR  E SOCORRER

PROTEXER: se ves un accidente sitúa ben o teu vehículo,  FAITE VER!  Sinaliza cos triángulos. Se es ti un dos implicados, quita a chave do contacto e inmobiliza o vehículo.

ALERTAR: chama ao 112. Se existen postes SOS na vía, utilízalos. Indica a estrada, punto quilométrico, número de feridos,  se hai atrapados,  gravidade, vehículos implicados...

SOCORRER: permanece tranquil@  e conserva a calma, fundamental. Avalía a situación. Lembra non mover aos feridos nin quitar o casco se se trata dun motorista. Permanece no lugar do accidente ata a chegada da axuda.