Escuchar

Un dos grandes inconvenientes que afectan á condución son os fenómenos meteorolóxicos adversos. Con vento e chuvia aumentan as posibilidades de que suframos algún incidente nas estradas, por iso, desde o 112 Galicia, queremos reiterar algunhas recomendacións que nos poden axudar a reducir riscos. 

  • Consulta o estado das estradas antes de realizar calquera desprazamento. Xa sabes que podes facelo dunha forma áxil e sinxela aquí
  • Conduce con precaución e atención aos posibles desprendementos de terra, pólas e restos de árbores que puideran caer ás estradas
  • Se a chuvia che resta visbilidade, abeira o vehículo, sinaliza e agarda a que amaine a situación

Xa sabes que para o que necesites estamos no número único 112