Dous ciclistas feridos despois de ser alcanzados por un turismo en Carnota | Axega

Escuchar
xoves, 17 Maio, 2018

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a dous ciclistas atropelados por un turismo cando se desprazaban pola AC-550, ao paso pola localidade coruñesa de Carnota.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 11:30 horas de hoxe e, como consecuencia do impacto, ambos os dous ciclistas necesitaron asistencia médica, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Foi un particular quen informou ao 112 Galicia do sucedido, polo que, decontado, os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes de seguridade da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.