Escuchar
martes, 9 Outubro, 2018

Unha colisión entre dous turismos deixa dous falecidos e unha muller ferida grave no concello lucense do Páramo. . 

Os Bombeiros, desprazados ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia indicaron, que tras o choque, un dos vehículos comezou a arder e o condutor –falecido- tivo que ser excarcerado, ao quedar atrapado no interior do vehículo. Tamén, retiraron un can falecido que viaxaba no turismo. Así mesmo, relataban os Bombeiros, no outro vehículo viaxaban dúas persoas, que tamén foron excarceradas, o condutor falecido e a acompañante que resultou ferida grave.

O Centro Integrado de Atención ás emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a alerta de varios particulares, sobre as 22:00 horas da pasada noite. Indicaban que dous turismos que circulaban pola estrada CG-2.2, ao redor do punto quilométrico 13, en Moscán,  acababan de colidir e un deles comezara a arder.

Con estes datos, dende o 112 púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria e aos axentes de Tráfico. Tamén, se requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada. Foi necesario, ademais,  interromper o tráfico mentres os servizos de emerxencia actuaban no punto.

Dez minutos antes da 01:00 horas da madrugada,  persoal de Conservación da estrada indicaba ao 112  Galicia que a calzada estaba limpa e o tráfico totalmente restablecido.