Escuchar
mércores, 11 Xullo, 2018

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a dúas persoas que resultaron feridas tras unha colisión entre dous turismos na N-550, ao paso por Padrón.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro rexistrouse pouco antes das cinco desta tarde N-550, na Picaraña. Como consecuencia do impacto, dúas persoas necesitaron asistencia médica e foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia. De feito, as persoas que chamaron ao 112 para pedir axuda indicaron que, dos dous feridos, unha muller presentaba lesións de consideración polo que permaneceu no interior do vehículo ata a chegada dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias. 

Igualmente, desde o 112, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES de Padrón, que, ademais de colaborar na xestión do tráfico, comprobaron que no interior dos vehículos afectados ninguén estaba atrapado.