Escuchar
venres, 19 Outubro, 2018

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nunha colisión na que se viron implicados tres turismos en Mos. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas, unha á Clínica Fátima e outra ao centro médico Perpetuo Socorro.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 9 da A-55, sentido Vigo, ao fío das 9:30 horas.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través da Policía Local e, nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Baixo Miño e de Protección Civil.