Escuchar
mércores, 7 Novembro, 2018

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Vigo nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos. Segundo puido saber o 112 Galicia, unha das persoas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vigo, despois de quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

O sinistro ocorreu na Avenida Castrelos, á altura do número 387.

Uns minutos despois das 15:20 horas, o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do accidente e, decontado, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Protección Civil.