Dúas persoas trasladadas por inhalación de fume en Santiago tras producirse un incendio na súa vivenda | Axega

Escuchar
martes, 12 Xuño, 2018

Un incendio nunha vivenda da Rúa Torrente, no barrio compostelán de Conxo, obrigou aos servizos sanitarios a evacuar aos seus dous residentes, que presentaban síntomas de intoxicación polo fume provocado.

Ao fío das 09:45 horas, os mesmos Bombeiros composteláns informaban ao persoal do 112 Galicia que foran alertados dun lume nunha casa, no enderezo indicado. Indicaban ademais da posibilidade de xente -de avanzada idade- no seu interior.  Por iso, nada mais recibir o aviso púxose en alerta  ao servizo do 061-Urxencias Sanitarias, que decontado mobilizou unha ambulancia cara o punto.

Así mesmo, dende o CIAE solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Nacional, Local e dos efectivos de Protección Civil.  

Os Bombeiros confirmaron ao persoal do CIAE que, unicamente, ardeu a cheminea da vivenda e a contorna da mesma.