Encaramos a recta final do Entroido

Persoas que pon unha máscara de entroido

A festa vai chegando ao seu fin, pero non por iso imos descoidar a nosa seguridade. Desde o 112 insistimos na necesidade de ter en conta algunhas medidas que cremos che serán moi útiles para protexerte en caso de emerxencia nun evento con gran afluencia de público.

Cando asistimos a un acto multitudianario o primeiro que debes facer é comprobar que o recinto conta con todas as medidas de seguridade. Ademais, 

  • Localiza e memoriza as saídas de emerxencia, xa que no caso de ter que abandonar o lugar, debes empregar a que estea máis preto de ti 
     
  • Comproba se hai barreiras, sinais de dirección ou altofalantes a través dos que a organización poida dar indicacións sobre a onde dirixirirte en caso de emerxencia
     
  • Se é necesario, pregunta á organización se teñen contemplado un plan de evacuación
     
  • No caso de ter que evacuar o recinto, faino de forma ordenada e seguindo as indicacións do persoal de seguridade. Calma. Non perdas o tempo recollendo as túas pertenzas

  • Se hai que desaloxar, camiña rápido pero sen correr. Non empregues ascensores
     
  • Se ves algún obxecto sospeitoso afástate del, evita que outras persoas se acheguen e, sen tocalo, avisa axiña ás forzas de seguridade