Excarcerada unha persoa tras quedar atrapada no interior do vehículo que conducía despois de saírse da vía en Vigo | Axega

Escuchar
luns, 23 Abril, 2018

Os Bombeiros de Vigo excarceraron a unha persoa atrapada no interior do seu vehículo despois de saírse da Vía.

Os feitos ocorreron sobre as 22:30 horas da noite pasada. Varios alertantes puxeron –a esa horas- os feitos en coñecemento do persoal do 112 Galicia. Indicaban que un coche que circulaba nese momento pola  Avenida del Aeropuerto, en Cabral, se saíra da vía e que podía haber persoas atrapadas no interior do turismo.

Nada mais recibir a alerta, o 112 Galicia pasou aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros da cidade. Do mesmo xeito, informou do acontecido á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.