Escuchar
mércores, 16 Maio, 2018

Un operario perdeu a vida tras caerlle encima unha plancha metálica que manexaba cun guindastre. Ocorreu no Polígono Industrial do Río do Pozo ao fío das sete da tarde de onte, cando o operario se atopaba traballando nunha nave situada na Rúa Mariscadores.

A alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia a partir da chamada dun particular, que pediu asistencia médica urxente para o traballador, golpeado pola plancha metálica que se desprendeu do guindastre que estaba manipulando.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, avisouse aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Policía Nacional, que pouco despois confirmaron o falecemento do operario.