Escuchar
venres, 19 Outubro, 2018

Un neno resultou ferido este mediodía despois de ser atropelado por unha moto cando baixaba do autobús no que viaxaba.

O accidente ocorreu en Guizán, á altura no número 88 da estrada que une Louriño e Sobráns, en Mos.

Unha persoa particular quen, ás 14:30 horas, alertou  ao 112 Galicia do atropelo dunha moto  a un neno que baixaba dun autobús. 

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local. Tamén, informaron dos feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos do Servizo de Emerxencias Municipal, que unha vez no punto, confirmaron o traslado do menor ao Hospital Cunqueiro de Vigo.

Accidente tractor
Tamén este mediodía, pasados uns minutos das 13:30 horas, o 112 era informado dun accidente de tractor nunha finca particular, no lugar de Ferradal, Oíns, na localidade coruñesa de Arzúa.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, o ferido estaba totalmente accesible, polo que, non foron precisos os medios de excarceración para a súa evacuación.  Iso si, debido á gravidade do accidente, persoal sanitario informaba ao 112 da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago cara o punto. A partir de aí, os xestores de emerxencias informaron da situación aos axentes de Tráfico, da Policía Local, aos Bombeiros de Arzúa e aos efectivos de Protección Civil.

Finalmente, persoal do 061 confirmou o traslado da persoa ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.