Escuchar
domingo, 22 Xullo, 2018

Un motorista foi localizado falecido próximo ao seu vehículo na estrada de Santiaguiño a Cabaleiro, en Mos.

Os feitos ocorreron ás 13:30 horas cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar dun home tirado sobre unha motocicleta apartada da calzada. Decontado, o persoal do 112 pediu a colaboración dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, que xa enviaran unha dotación ao punto para comprobar que o motorista estaba falecido e descoñecíanse as causas da súa morte. 

Por iso, se informou ás forzas de seguridade e aos profesionais da Mediciña legal co obxectivo de determinar as circunstancias que rodearon o suceso, xa que tamén se baralla a posibilidade de que a persoa sufrira unha indisposición que o levou a abeirarse ata que caeu sobre a moto.

Ademais, os servizos sanitarios e de seguridade contaron coa colaboración dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, alertados polo 112. 

Dous feridos tras caer da moto en Betanzos
Pola contra, en Betanzos, o 112 rexistrou esta tarde un accidente de moto no que resultaron feridas dúas persoas. Os dous ocupantes do vehículo caeron ao chan cando se desprazaban pola N-VI en dirección a Lugo. 

Foi un dos implicados no sinistro quen, ao fío das seis desta tarde, púxose en contacto co 112 para pedir axuda. Deste modo, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, así como á Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Finalmente, os dous feridos foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.