Escuchar
Socorrista vixila praia

Na praia, no río, na piscina...Mergúllate onde ti queiras, pero coa cabeciña posta no seu sitio. A nosa proposta para este verán é que goces intensamente nos nosos espazos naturais sen perder de vista algunhas accións que axudarán a previr posibles accidentes na auga. 

  • Segue as indicacións dos socorristas
  • Lembra as cores das bandeiras e o seu significado: verde, permitido o baño; amarelo, precaución; vermello, prohibido o baño
  • Báñate en zonas habilitadas e, cando menos, intenta saber algo máis do lugar no que pensas somerxerte, por exemplo, profundidade, temperatura, correntes...
  • Preferiblemente que sexan espazos vixiados
  • Nada en paralelo á liña de costa
  • Se vas con nenos, préstalles especial atención

Tamén recorda a importancia de:

  • Respectar os tempos de dixestión e, en calquera caso, favorecer que o corpo se afaga á temperatura da auga
  • Evitar a exposición prolongada ao sol

E xa sabes que se tes algunha emerxencia ou ves alguén en perigo, estamos a tres díxitos de ti: 112