Escuchar
xoves, 11 Outubro, 2018

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia atendeu un total de 47 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso de nivel amarelo por choivas que afectou ás provincias da Coruña e Pontevedra, entre as 00:00 e as 08:00 horas desta mañá.

A maior parte dos incidentes foron provocados pola caída de árbores e pólas que en ningún caso deixaron persoas feridas.

A provincia da Coruña foi a que concentrou o maior número de incidencias relacionadas coa meteoroloxía (25), das que (12) estiveron relacionadas coa retirada de obstáculos que entorpecían a circulación, na maior parte das veces, árbores ou pólas, cables e  postes de alumeado caídos nas estradas, e (13) relacionadas cos asolagamentos producidos en vivendas, rúas e bolsas de auga nas estradas. Nesta mesma liña séguelle a provincia de Pontevedra con (22) incidentes rexistrados, dos que (16) se corresponden á retirada de árbores, pólas e algún outro obstáculo retirado das estradas, e (12) incidencias relacionadas cós asolagamentos en rúas, estradas, vivendas e bolsas de auga nas estradas.

Os concellos que rexistraron mais incidentes foron A Pobra do Caramiñal, Boiro e  Ribeira con (5) incidencias en cada un deles e o concello de Moaña con (3) incidentes rexistrados.