Escuchar
xoves, 13 Setembro, 2018

Os Bombeiros de Pontevedra veñen de rescatar un corpo que apareceu flotando nas augas do Río Lérez, entre a Ponte dos Tirantes e a súa desembocadura. 

Foi un veciño quen pasadas as oito desta mañá observou o corpo aboiado na auga e decontado chamou ao 112 Galicia para alertar. A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Pontevedra, participaron os axentes da Policía Nacional e Local, así como os profesionais sanitarios. 

Pola súa banda, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias desprazado no lugar dos feitos confirmou o falecemento da persoa. De momento, descoñécense as circunstancias da morte.