Escuchar
mércores, 20 Xuño, 2018

Os servizos de emerxencias acudiron a rescatar a un neno que quedou atrapado e ferido no medio do río da praia fluvial de Cerdedo-Cotobade. Segundo a información que recibiu o 112 Galicia, o menor caeu nunha rocha, a 50 metros da beira e sufriu unha fractura no nocello.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16:45 horas, a través da chamada dun particular.

Nada máis recibir o aviso, dende  o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil, dos Bombeiros do Deza, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e de Protección Civil.

Unha vez na praia fluvial, os efectivos do GES da Estrada e os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Deza rescataron ao neno e unha ambulancia o trasladou ata un centro médico.