Rexistrado un tremor de terra de magnitude 3,2 con epicentro en Ponte Caldelas | Axega

Escuchar
xoves, 17 Maio, 2018

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta mañá un movemento sísmico de magnitude 3,2 con epicentro en Ponte Caldelas, que foi percibido pola poboación, aínda que sen causar danos.

Tras procudirse o tremor, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu un par de chamadas de veciños da propia vila pontevedresa e da parroquia de Salcedo, que aseguraron sentir como se movía o chan sen que se chegasen a producir danos persoais nin materiais.

Así, postos en comunicación co Instituto Xeográfico Nacional, o persoal do CIAE 112 Galicia confirmou un movemento sísmico con epicentro en Ponte Caldelas a unha profundidade de 17 quilómetros.