Escuchar
domingo, 19 Agosto, 2018

Unha persoa resultou ferida grave esta tarde despois de caer por un barranco co vehículo que conducía. 

O accidente ocorreu sobre as 16:00 horas, no lugar da Horta, en Lamas, no concello lucense de Cervantes. Un particular chamaba, a esa hora, ao 112 Galicia para alertar do suceso. Indicaba que o coche caera por un barranco, escoitaba berros pero non vía a ninguén. Uns minutos mais tarde, xa se confirmaba que unha única persoa viaxaba no vehículo. 

De inmediato, dende o 112 púxose en marcha un operativo no que ademais do persoal sanitario, participaron os Bombeiros e membros do GES de Sarria, axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil. Debido á gravidade das lesións, o 061-Urxencias Sanitarias desprazou unha aeronave ata o lugar, que tomou terra nun lugar moi preto onde ocorreron os feitos. 

Unha vez os servizos de emerxencia alí desprazados estabilizaron á persoa, a aeronave trasladouna ao Hospital Clínico Universitario de Lugo.