Escuchar
xoves, 17 Maio, 2018

Un edificio composto de catro plantas foi desaloxado esta mañá ao declararse un incendio nun trasteiro. Ocorreu nun inmoble situado na Rúa Casiano Martínez, en Vigo, ao fío das seis desta madrugada, cando o fume provocado polo incendio chamou a atención dun veciño que contactou inmediantamente co 112 Galicia.

Tras a chamada de alerta, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisaron aos efectivos do parque de bombeiros da cidade, que estiveron traballando na extinción do lume ata pasadas as 9:30 horas de hoxe. Segundo indicaron, as lapas arrasaron por completo o trasteiro e chegaron a afectar ao tellado do edificio e ás portas doutro trasteiro lindeiro. 

Ademais, mentres duraron as tarefas de extinción do incendio, os veciños do inmoble foron desaloxados sen que se produciran danos persoais. Igualmente, por precaución, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes da Policía Local.