Escuchar
mércores, 19 Setembro, 2018

O 112 Galicia tivo constancia esta tarde dun accidente laboral que ocorreu en Coristanco ao fío das 17:45 horas. Foi unha persoa particular quen alertaba ao 112 Galicia dun traballador cun corte que precisaba asistencia médica, na fábrica de Unemsa.

A partir de aí, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata a zona. Ademais, dende o 112 Galicia se informou do sucedido á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil e ao GES de Ponteceso.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o operario foi evacuado na aeronave a un centro hospitalario.