Escuchar
domingo, 1 Abril, 2018

Os bombeiros de Celanova acudiron esta mañá a Padrenda ao rescate dunha señora que caeu no interior dunha tumba no cemiterio de San Pedro da Torre, en Padrenda.

Ocorreu poco antes deste mediodía, cando a muller precipitouse ao interior dun nicho de varias alturas e golpeouse contra un cadaleito.

Así o explicaron as persoas que alarmadas chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaron que a señora estaba consciente e que estaban tratando de sacala do oco.

Deste xeito, os xestores do 112 pediron a colaboración dos bombeiros de Celanova, aínda que non chegaron a intervir debido a que a muller conseguira saír coa axuda das persoas que estaban alí e o equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias que acudiu para atendela.