Escuchar
domingo, 22 Xullo, 2018

Os socorristas trataron de reanimar sen éxito a unha persoa que rescataron da auga na Praia de Samil, en Vigo.

Ocorreu ás 14:30 horas de hoxe, tal e como indicaron os efectivos do servizo local de vixilancia do areal ao 112 Galicia. No punto atopábase xa unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, que continuaron coas tarefas de recuperación iniciadas polos socorristas. Sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida do bañista.

Igualmente, os servizos de emerxencias que atenderon á persoa contaron co apoio das forzas de seguridade da Policía Nacional.