Vómitos e mareos, primeiros síntomas

Fornelo de gas encendido

As fugas de monóxido de carbono son moi difíciles de detectar. Un despiste, a falta de mantemento ou o mal estado das instalacións, especialmente en edificios antigos, poden causar incidentes moi graves, como explosións, incendios ou, no peor dos casos, danos persoais.

Dende o 112 Galicia pregámosche que manteñas en boas condicións a instalación e os teus electrodomésticos con gas. Comproba que a chama do quentador sexa azul e non te esquezas de limpar os acumuladores da calefacción cada certo tempo

​Ademais, toma nota destas recomendacións para enfrontarte a un posible escape de gas: 

  • Ante a mínima sospeita de fuga, ventila o local abrindo fiestras e portas. Se a fuga é de butano céntrate en ventilar as zonas baixas da vivenda. Se é de gas natural, ventila as zonas altas. Ten en conta que os vómitos e mareos repentinos poden ser os primeiros síntomas dunha intoxicación por inhalación de gas e/ou monóxido de carbono
     
  • Non acciones ningún interruptor de aparatos ou electrodomésticos eléctricos que poidan xerar un chispazo
     
  • Pecha a chave xeral de paso de gas e corta a corrente eléctrica
     
  • Abandona axiña a vivenda ou local
     
  • Chama o máis rápido que poidas ao 112